Novas

Profesionales del ámbito sanitario colaborarán para mellorar a saúde e previr enfermidades
O Concello de Verea sumouse á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención impulsada polo Ministerio de Sanidade e a Federación de Municipios e Provincias para mellorar a saúde e previr enfermidades dos veciños do municipio, en especial das persoas maiores e dos menores de idade. “Sempre andamos buscando cousas, iniciativas que permitan mellorar ou día a día dos nosos veciños, en especial os maiores, que nos preocupan moito”, recoñecía o alcalde, José Antonio Pérez Valado, quen non tivo un non por resposta cando expuxo a iniciativa municipal a traballadores e profesionais locais do ámbito sanitario.
A proposta “pillounos de sorpresa, pero todo o que sexa colaborar co Concello, gústanos”, comentaba María Jesús Gómez, a única farmacéutica do municipio e unha das integrantes da mesa de traballo que esta semana se constituíu en Verea ao amparo deste programa, e na que tamén participan o médico e a enfermeira do centro de saúde, así como un consultor social e o monitor do ximnasio.
Na primeira toma de contacto, os presentes coincidiron na importancia de achegar ideas, iniciativas que poidan axudar a mellorar a calidade de vida, máxime nun concello cunha poboación dispersa e envellecida como é o caso de Verea. Dos 944 habitantes empadroados no municipio, 449 (47,5%) son maiores de 65 anos. “Falamos de alimentación, de saúde…. de soidade”, facía fincapé a farmacéutica, testemuña en primeira persoa dunha problemática en crecemento no medio rural. “Ás veces veñen e cóntanche, outras non, pero nótalo”, comentaba.
Detectar estes casos e ofrecer iniciativas que palíen estas e outras problemáticas serán os obxectivos da mesa. Nunha primeira fase, as actuacións focalizaranse na poboación maior, facilitando información e recursos (está prevista a elaboración dun mapa dos servizos e espazos dispoñibles) e desenvolvendo actividades que melloren a saúde e contribúan á prevención da fraxilidade e caídas, “por entender esta situación como un dous maiores riscos para a discapacidade e dependencia nesas idades, sen descoidar a promoción da alimentación saudable entre os nenos e nenas que participan nas actividades de conciliación”, incidía Pérez Valado.