Servizos Sociais
Para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación de Verea, o Concello conta coa axuda de dúas Traballadoras Sociais, que facilitan de forma profesional e confidencial información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición dosveciños, así como os dereitos que teñen.
Os servizos que ofrecen son os seguintes:
- Información , valoración, diagnóstico e orientación aos veciños no que respecta aos seus dereitos, recursos e intervencións sociais que lles poidan corresponder.
- Servizo de Axuda no Fogar.
- Prestacións económicas e de emerxencia social.
- Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxuntoda poboación , intervindo para acadar a integración social.
Horario: Martes e Xoves: 09:00 – 14:00 horas
Teléfono: 988 43 08 42
Enderezo: Baixo Casa Consistorial