Axencia de Lectura e Telecentro

A biblioteca está situada na parte baixa da Casa Consistorial, é un servizo totalmente gratuíto para os veciños que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica e audiovisual. Forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Confórmana todo tipo de materiais procedentes de compras e doazóns, tanto de institucións como de particulares.
A maioría dos documentos son de acceso libre e están organizados por materias.
Os fondos bibliográficos abranguen aspectos da arte como teoría, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. Conta con unha hemeroteca con revistas especializadas galegas e españolas e coleccións infantís destinados aos máis pequenos.
A sala tamén conta con 6 equipos informáticos con acceso a Internet e rede wifi.
Horario: 08:30 – 15:00 horas