Saúdo do alcalde
Como Alcalde do Concello de Verea, teño a satisfación e tamén a obriga de non deixar pasar de largo a oportunidade que nos ofrecen as novas tecnoloxías para poder estar todos un pouco máis preto (aínda que só sexa dunha maneira virtual).
É por isto, polo que decidimos poñer en marcha a páxina web do noso concello, para que tanto os que están a escasos metros como os que están a miles de quilómetros se poidan sentir integrados e tamén máis implicados na evolución e nos problemas do noso pobo.
Espero que empreguen este servizo non só para mantérense informados, senón tamén para que a través das súas ideas e suxerencias, se poida mellorar a nosa xestión co fin de construír entre todos ese lugar ideal que estou seguro todos soñamos algunha vez.
Cunha presentación sinxela e unha actualización permanente pretendemos que os veciños e os amigos de Verea poidan estar informados e tamén coñezan un pouco máis a riqueza do noso patrimonio natural, cultural, paisaxístico, etc.
Quero tamén aproveitar a ocasión para mandar o abrazo máis agarimoso a todas as boas xentes de Verea, e dun modo moi especial, a todos aquelles que en primeira, segunda ou terceira xeración se atopan lonxe do noso querido terruño.
Para todos, unha forte aperta do voso amigo e alcalde
José Antonio Pérez Valado