Concello de Verea

Web Oficial do Concello de Verea

Concello de Verea

Piscinas

Piscinas

As piscinas municipais foron construídas no ano 1992 no núcleo de Nigueiroá.

O complexo conta con dúas piscinas descubertas, unha para adultos e outra infantil, pista deportiva para fútbol, tenis e baloncesto e unha ampla zona verde de descanso.
Ademais, dispón de vestiarios e aseos, posto de primeiros auxilios e bar e terraza.

Estas instalacións permanecen abertas dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto.

Horario
Luns – Domingo: 15:00 – 21:00 horas

ENTRADAS BONOS EMPADROADOS BONOS NON EMPADROADOS
Infantil (ata 16 anos): 2 €                          Infantís (ata 16 anos): 10 € Infantís (ata 16 anos): 15 €
Adultos: 3 Adultos: 15 € Adultos: 20 €
Familiar: 30 €

Familiar: 50 €

 

Os bonos poderán facerse nas oficinas municipais en horario de 08:30 a 15:00 horas de luns a venres.