Novas
A partir do día 18 de novembro dará comezo o transporte público municipal que trasladará aos veciños do concello ao Centro de Saúde, farmacia e dependencias municipais.
Poderán facer uso deste servizo todas as persoas que estean empadroados no Concello de Verea e sexan maiores de 65 anos, xubilados ou discapacitados.
Deberán solicitalo previamente nas oficinas municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
O transporte comezará as 08:00 horas e pasará polas paradas existentes segundo o seguinte itinerario:
LUNS E MARTES
Bangueses de Abaixo, Bangueses de Arriba, Gondesende, Auguela, Ledime, Cexo, Santa María, Cardeo, Albos, Cobreiros, Portela, Vieiro, Vilar e Paredes
MÉRCORES E VENRES
Fondodevila, Ourille, Sanguñedo, Outeiro de Sanguñedo, Casares, Balín, Pitelos, Cernadela, Sabucedo, San Vicente, San Martiño, Casal de Bispo, Gontán, Laioso e Carballo.