Concello de Verea

Web Oficial do Concello de Verea

Concello de Verea

Novas

Axuda para material escolar curso 2023-2024

📁 Bandos, Destacados 🕔06.septiembre 2023
Axuda para material escolar curso 2023-2024

Concederase unha axuda para adquisición de material escolar para o curso 2023-2024 a todos os nenos e nenas que estean empadroados neste concello e que cursen estudos desde os 3 anos ata 2º de Bacharelato.

Todos os interesados deberán recoller o correspondente vale nas oficinas municipais de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Aqueles que sexan maiores de 16 anos deberán achegar xustificante da matrícula do centro escolar.